viernes, 31 de octubre de 2008

O mundo de Sofía

Anacrónico, tanto como a institución que representa, é o mundo de Sofía.

Segundo as palabras impresas na biografía autorizada recentemente publicada por Pilar Urbano, a raíña de España mostra a súa disconformidade ante os avances en políticas de igualdade, dígase o matrimonio entre homosexuais, ou a reforma da lei do aborto. Incluso permítese opinar sobre a personalidade dalgúns dos presidentes da nación. Ou da relixión nas escolas. E máis!

Estas palabras e opinións, que Pilar Urbano utiliza moi ben para facer publicidade do seu libro, están levantando unha serie de críticas de colectivos homesexuais, feministas, partidos políticos, como IU, etc, por representar unha clara intromisión da institución monárquica no traballo do parlamento e dos parlamentarios, non está de máis recordar que foron elixidos democraticamente, dando a entender que non respeta este tipo de leis con declaracións como: "Qué no le llamen matrimonio!" (respecto ao matrimonio homosexual).

Súmome a estas críticas. A casa real é algo anacrónico, hortera, unha sinrazón máis do xénero humano. Só entendo a súa existencia como elemento meramente representativo cun obligatorio carácter neutral, aséptico. Todos os cidadáns pagamos o seu traballo que de ningún xeito é emitir opinións políticas.

Por certo, está mañá a casa real emitíu un comunicado expresando que as palabras que a raíña dixo non se correspondían completamente coas que aparecen no libro. Falan de frases "inexactas" extraídas do "ámbito doméstico".

Vamos, un eufemismo máis para non se desculpar. Supoño que é moi altruista coa súa biógrafa e prefire quedar ela en mala posición, e que a súa amiga venda libros.

3 comentarios:

Seetoh dijo...

Hola Raymond Carver, I guess who you are...
Greetings from the grey stone town.

David dijo...

Hey! Qué alegría ver que tienes nuevo blog y que coincidimos en el tema de la actualización! xD

Es merecido, la verdad. Por suerte, creo que ya tenemos una democracia mínimamente madura como para aguantar que se saque al rey, que lo único que es es un chupapo... esto... chupacuartos.

Un saludo desde el "cálido" sur de Alemania.

Anónimo dijo...

que mania temos en renegar das nosas raices monarquicas.
pero que mal lle fixo a raiña ou a casa real a españa en xeral, eu creo que ningun.
creo que en poucos paises teñen uns reises coma os nosos, eu estou orgullosa de telos, dentro da noso pais teñen as suas función e creo que son un exemplo claro a seguir por outros paises.
a raiña o igual ca min pode ter as suas ideas persoais ela en contra do aborto e eu a favor, e que? non todos somos iguais, e creo que tivemos moita sorte de telos a eles, si o golpe de estado do 23f chegase a sair ben non sei o que seria hoxe de nos.
a min non me falta de nada grazas a Deus, mira para sitios como cuba, colombia, etc... e eu son privilexiados