martes, 4 de noviembre de 2008

Harlem

O momento que todos esperaban chegou. As súas bágoas comezaron a decantar onte a dor, o sufrimento, a amargura de anos de loita para que esta farsa que chamamos sociedade lles dera o seu recoñecemento como seres humáns.

Onte na Avenida de Martin Luther King a xente transmitía ledicia. O tecido real da sociedade americana saíu a rúa para celebrar a utopía. No centro de Harlem, o gueto referencial da exclusión racial nos USA, celebraban o cambio acadado co poder que outorga a democracia. Non era unha simple celebración da victoria, as súas caras reflexaban a transcendencia de estar perante un momento histórico, parello, por exemplo, a cando se lles recoñeceu o dereito ao voto. Obama dixo que tiñan que crer que podían, e así o fixeron.

Onte en Harlem non estaban presentes McDonald's, nin Hollywood, nin Wall Street, etc. Ningún dos tradicionais iconos do país era recoñecible naquelas persoas. Eran a américa auténtica, á que dificilmente nos podemos achegar dende a televisión. Máis de 50 millóns de persoas viven baixo o umbral da pobreza nos USA. Estes nunca saen. Unha manchea deles estaban onte alí. Saíron a rúa a celebrar a victoria da esperanza.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero que fai un GALEGO preocupandose de aquelas persoas que non son de aquí?

Que fai un GALEGO opinando sobre persoas que non falan GALEGO nin xogan á estornela?

Que traizón á patria!

Un verdadeiro PATRIOTA GALEGO só se preocupa da nosa língua, da nosa cultura e das nosas tradicións.

Ou acaso a dor, o sufrimento, a amargura de aqueles que están a miles de kilómetros é a tua?

luna dijo...

eu flipo contigo chaval e ca xente coma ti, ti so te preocuparas pola xente de aqui pero o resto do mundo tamen e noso, por iso temos que preocuparnos polo que lle pase a eles e opinar das suas cousas.
a xente coma ti e a que crea os problemas no mundo hai que vivir e deixar vivir a cada un como queira, non podes impoñer as tuas ideas, tes que aprender a vivir con que non todos son coma ti (gracias a deus)