viernes, 7 de noviembre de 2008

Minifundio 2120

Son un dos últimos galegos que vai poder utilizar a súa lingua. Hoxe 9 de marzal de 2120, no aniversario 111 da era AQ, o proceso de depuración está máis preto do seu fin. Galiza recuperará a súa total identidade en moi pouco tempo. O mencer dunha nazón nova cunha nova identidade.

Cando AQ gañou as eleccións de marzal do 2009 e se converteu no Presidente da Xunta o nacionalismo galego estaba preparado para traballar no seu ansiado proxecto de recuperar e preservar a idiosincrasia, a cultura e as tradicións galegas. Unha nazón icona no mundo. Unha nazón de espaldas a uniformidade da globalización. Moitos foron os cambios introducidos en moi pouco tempo. O máis significativo e transcendente foi o proceso de depuración da lingua.

AQ tiña nesta loita o exe central da súa política. Mediante a creación dos Comites de Depuración e Conservación da Lingua iniciouse o camiño cara a nova Galiza. O seu poder era e é inmenso. Baixo o pretexto de levar o noso idioma ao seu estadío incial comezou o proceso de depuración. O galego "limparíase" de toda influencia externa no seu léxico. Desde xeito, o rasgo máis característico da nosa cultura sería a singularidade extrema da nosa lingua. Un proceso de involución que levou ao galego a se converter nunha lingua moi parecida ao latín; unha lingua morta.

A galeguización fíxose axiña extensiva a tódolos ámbitos da cultura e o arte: unha educación nova, edición e tradución de libros, revistas, nova televisión, radio, cine, etc. De supeto a nosa cultura milenaria desaparecera.

Durante un par de anos o proceso foi lento. No ano 2011 o parlamento español aprobou por unanimidade iniciar de seguido os trámites para que as comunidades autónomas pasasen a ser estados federais dentro do estado español. No 2012 Galiza acadou o seu desexado estatus de nazón estado. Este feito achandou o camiño para chegar ao que agora somos. O ansiado Federalismo!

O proxecto da nova nazón galega seguíu adiante acadando paulatinamente a sinrazón. Os Comités de Depuración gañaron máis poder. Pronto a loita pola nosa cultura se converteu no noso cárcere. A depuración extendeuse ás persoas. Todas aquelas incapaces de usar a nova lingua foron acusadas de traidores a nazón. O seu destiño foron os Campos de Aprendizaxe Lingüístico da Terra Chá. Só a elite domiñaba a nova lingua. Ninguén pode aínda sair de Galiza a outro país e volver. Xa estaría contaminado. Ao comenzo moitos marcharon cando se aprobou o Decreto de Apertura. Para evitar a despoboación aprobouse despois o Decreto de Clausura. Só os nosos gobernates poden ter relación co exterior. O aillamento é absoluto.

O sistema político tamén cambiou. A monarquía da dinastía AQ sustituíu á democracia. Hoxe está no trono AQ-3.

Son un dos últimos que fala o galego do pobo. O proceso está a piques de ser completado. Son un dos poucos que falta por depurar.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Son a raíña de regaliz,
os meus pés apretadiños nun anaco de espello roto,
vexo osiños de colores flotando a meu redor,
luces e olores embriáganme.

Son a raíña de regaliz,
o espelliño encóllese,
e teño medo de caer.
O chan está moi lonxe.
Sigo flotando, pero teño medo.

Son a raíña de regaliz.
O aire é espeso, moi denso,
agradable.
Non entendo nada, pero todo é tan agradable.

Anónimo dijo...

Que raiada de diario, non?

Anónimo dijo...

pensei que eu estaba mal, pero vexo que hai algun que esta peor ca min.
de todos modos sempre gusta leer cousas diferentes o que saen noutros blogs

luna dijo...

por que raiada a min gustame, estou chea de entrar en outros que si que so din parvadas, este e diferente.
noraboa por el.

Anónimo dijo...

Quen coño deixou o disco soando?
e que ninguén se vai erguer a apartar a puta agulla que está raiando eses berros no vinilo?
Por favor, que se vaia a luz e que se apague esta música que no para.

Quixera ter un martelo para esmagar o tocadiscos.
Sinto que as notas se me cravan e non podo deixar de escoitalas.

Anónimo dijo...

Se algo me molesta é que alguén tente controlar a miña liberdade. Non me gusta sentirme obrigado a falar unha lingua, a amar unha patria ou unha cultura. ¿Por que?

Gustame a diversidade, a diferencia, a mestizaxe, o albedrío, a liberdade.

E creo que nesta época estase tratando de impor un pensamento único, unha única historia (eso si volta a escribir) e unha única lingua.

Pero por moito que digan, pensarei o que queira, falarei como me veña en gana e non terei mais patria que a liberdade.

¡Que carallo!

Fantômas dijo...

Buen blog che! Te invito a darte una vuelta por el mío, creo que te puede llegar a interesar por las cosas que veo que posteás (y de paso si querés intercambiamos enlaces).

Mi blog, principalmente sobre música, lo podés encontrar acá:

Soy del Montón

Y también hace poco inauguré un foro en el que quizá te interese participar:

Soy del Montón Foro

Un abrazo.

Anónimo dijo...

Pero a consolidación da dinastía AQ foi esencial a laboura de rescritura da historia, para o que foi preciso crear o ministerio de heroicidades e patriotismo.

Anónimo dijo...

Para rescribir a historia o imperio de AQ precisou ter os seus pregoeiros para o que creo XdG.