Hoxe no mítico Apolo, galerías Viacambre, Santiago d.C., ás 23:30 concerto deste grupazo.Que non vos engane o nome, que sona a orquestra de terceira categoría, e achegádevos ao Apolo a gozar dunha das mellores bandasgalegas de pop de todos os tempos. Sego a soñar que nun futuro próximo alguén da industria discográfica aposte por eles.
Aínda que o Apolo semella pequeno para conter a enerxía deste poderoso cuarteto, son un deses que os ten visto en diferentes contextos: enchufados ao aire libre, acústicos, en salas, en pafetos diminutos, etc. As veces que máis gocei foi nos bolos dos pafetos pequenos onde podes sentir o alento do Alfonso e a púa de Gonzalo rozando as cordas da guitarra.
Cancións como Over, Happy song, I don't mind, Daisy and Miles, a naif No te quiero junto a mi , etc., son imprescindibles nas discotecas de todos os amantes do pop con maiúsculas e non han faltar no repertorio desta noite. Algo de The Beatles, Rolling Stones, Small Faces, The Who, etc., e teredes a mestura perfecta para comenzar unha gran noite.
I wish I could be there, lads! Good luck!
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada