Zoa, zoa o vento frío de outuno e no seu ronsel transporta follas, terra e anhelos.
Abre a fiestra e cae. Continuamente. Durante unha eternidade.
Angustiase esperando o final que non chega. Entón abre os ollos.
Non é quen de entender o infinito. Non pode conter esa idea. A caída eterna.
Un espacio e un tempo limitados non dan lugar a incerteza.
Vaille a estoupar a cabeza de non atopar contra que fendela.
A folla cae ao chan. O vento zoa e a folla voa.
E el quere o seu outono
jueves, 4 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
E collo o fouciño,
e comezo a golpear,
cabeza que vexo cabeza que abro.
Idea que vexo idéntica esnafroa.
Non aturo máis pensamento único,
nin tópico,nin típico,
nin tradicional,nin histórico.
Sulfurame o prestablecido obrigatorio de patriotas baleiros.
E busco a diferencia entre a estupidez,
busco a liberdade entre os estereotipos,
busco e non me deixan,
Collo o fouciño e defendome,
e loito, e berro e escribo,
prendedeme, máis non castraredes a miña mente.
E desde o barco tírome ao mar,
quero ser un náufrago nunha illa,
nado, abandonando todo, buscando un paraíso.
A veces, non sei a razón, preciso evadirme.
Deixo a confusión da tranquilidade atrás,
e tento chegar a un edén solitario.
É estúpido,
pero necesito unha saída,
e nado, e nado no mar abandonando todo,
e busco desesperadamente unha illa.
Tírome da seguridade do barco,
quizais non atope a tranquilidade,
pero necesito avanzar nadando.
A veces se necesita una patada en los huevos para recordar que se existe, que se tienen sentimientos, dolor, sufrimiento.
A veces es necesario padecer para disfrutar de los mejores placeres.
Publicar un comentario en la entrada