lunes, 29 de diciembre de 2008

CONTRASTES

Hoxe no mítico Apolo, galerías Viacambre, Santiago d.C., ás 23:30 concerto deste grupazo.

Que non vos engane o nome, que sona a orquestra de terceira categoría, e achegádevos ao Apolo a gozar dunha das mellores bandasgalegas de pop de todos os tempos. Sego a soñar que nun futuro próximo alguén da industria discográfica aposte por eles.

Aínda que o Apolo semella pequeno para conter a enerxía deste poderoso cuarteto, son un deses que os ten visto en diferentes contextos: enchufados ao aire libre, acústicos, en salas, en pafetos diminutos, etc. As veces que máis gocei foi nos bolos dos pafetos pequenos onde podes sentir o alento do Alfonso e a púa de Gonzalo rozando as cordas da guitarra.

Cancións como Over, Happy song, I don't mind, Daisy and Miles, a naif No te quiero junto a mi , etc., son imprescindibles nas discotecas de todos os amantes do pop con maiúsculas e non han faltar no repertorio desta noite. Algo de The Beatles, Rolling Stones, Small Faces, The Who, etc., e teredes a mestura perfecta para comenzar unha gran noite.

I wish I could be there, lads! Good luck!

sábado, 20 de diciembre de 2008

2 million light years far from home

A Galaxia de Andrómena é o obxecto nº 31 no catálogo de Messier, polo que tamén é coñecida como M31. A luz de Andrómena pódese contemplar a simple vista. Con todo apreciámolo cun retardo de 2 millóns de anos.

Menudencias do Universo

jueves, 4 de diciembre de 2008

Fall

Zoa, zoa o vento frío de outuno e no seu ronsel transporta follas, terra e anhelos.
Abre a fiestra e cae. Continuamente. Durante unha eternidade.
Angustiase esperando o final que non chega. Entón abre os ollos.
Non é quen de entender o infinito. Non pode conter esa idea. A caída eterna.
Un espacio e un tempo limitados non dan lugar a incerteza.
Vaille a estoupar a cabeza de non atopar contra que fendela.
A folla cae ao chan. O vento zoa e a folla voa.
E el quere o seu outono