
Zapeando na TDT esta noite atópome que nuha das cadeas están a poñer o remake do filme de J. Lee Thompson (1962) con Gregory Peck e Robert Mitchum, co título Cape Fear (El Cabo del Terror, título en España). O remake do ano 1991, o que estou a ver, foi dirixido por Martin Scorsese con Robert de Niro, Nick Nolte, Jessica Lange e unha novísima Juliette Lewis, co título Cape Fear (El Cabo del Miedo, título en España), é unha das escasas excepcións que confirma a regra que di que "non hai versión mellor ca orixinal". Scorsese, un dos grandísimos. Ate Robert Mitchum e Gregory Peck, protagonistas na versión orixinal, teñen un papel no filme outorgándolle así a súa bendición.
Pero esta non é a razón desta entrada. A verba xurde dela. De Juliette e a súa presenza este verán en Noia. Por suposto fomos vela. Unha montaxe inolvidable. Pouco público para tal espectáculo! A pesar de todo, ela deixou a pel e fixo un concerto difícil de esquezer. Recordo sentir amargura pola pouca participación dos veciños, da mocidade de Noia. Sentía vergoña do pouco apoio que recibíu unha iniciativa tan interesante como o Mar de Fondo. Agora co paso dos meses son quen de comprender a semente que se prantou con esta primeira edición. Esperemos ter unha segunda.
Cantos noieses estarán a ver hoxe a película sen tan sequera reparar que, a rapariga desconcertante do flequillo, estivo este verán na súa vila?
3 comentarios:
Juliette cañón, molou mogollón.
E falando de astros que pasaron pola vila de Noia... Que famosisimo musico galego fai unha versión espectacular de "quen puidera namorala" para a campaña socialista?
Quen puidera namorala....
Publicar un comentario en la entrada