martes 24 de febrero de 2009

Minifundistas


Alguén recorda como hai uns meses unha serie de policias locais de Noia, a maioría da plantilla, estiveron de baixa "soipeitosa" durante un bo tempo? Alguén recorda ao inspector facendo declaracións na prensa e desafiando a os seus superiores, o alcalde, concelleira, etc.? Alguén recorda a dous membros do goberno noiés facendo unha rolda de prensa apoiando a uns traballadores amotinados e amparándose nunhas baixas fraudulentas? Dende o que está de pé cara a dereita, todos eles teñen a resposta a estas preguntas.

Que hipocresía a destes minifundistas! A situación continua a ser a mesma que hai uns meses pero agora non se queixan.

Menos mal que se colle antes a un mentireiro que a un coxo e, por suposto, unha imaxe vale máis que mil palabras. Algúns dos presentes nesta foto son parte da historia máis triste da política de Noia; non é así Bieito?


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Desde logo que si. Se alguén o dubidaba o inspector xa se ve a quen se debe. Este "inspector" dedicase a facer oposición desde un cargo público. Desde logo que son eu o que mando vai para a casiña. Por certo os que o puxeron tamén se tiñan que plantexar o de seguir facendo favores. E moi triste que se chegue a comparar ao Bng co PP, ao que chegastes.

Shy dijo...

O BNG e o PP ultimamente se parecen demasiado.
Baixade os fumes e vivide un pouco que estades moi alterados...